Os 3 sorteos da gymkhana “Exploradores do Morrazo” atraeron a centos de rapaces da comarca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasPontevedra
A-
A+

A pasada semana tiveron lugar nas vilas de Bueu, Cangas e Moaña os sorteos da Gymkhana “Exploradores do Morrazo” cun gran éxito de público pese o mal tempo. Tras 12 días de competición completando os seus mapas de exploradores, visitando os comercios participantes e superando as probas que se lle foron propostas, moitos nenos e nenas se acercaron persoalmente ao sorteo final dos grandes premios, aínda que non era necesario estar presente. Como punto final desta actividade foron organizadas festas de animación en cada vila, con actividades para o disfrute de toda a familia.

Nos centros urbáns situáronse zonas de xogos, pinturas, globoflexia, maquillaxe infantil…todo a cargo dun grupo de animadores profesionais. O xoves día 2 de xaneiro celebrouse en Moaña, na parte superior da Praza de Abastos, onde os rapaces puideron xogar a cuberto. Tras a festa, celebrouse o sorteo de premios entre todos os mapas recibidos e debidamente cubertos da Gymkhana “Exploradores do Morrazo”. Estes foron os gañadores: 1º Premio: Markel Márquez Otazo, de 8 anos, gañou unha TABLET 2ºPremio: Enma Gayo Marcos, de 10 anos, gañou unha gran CESTA DE NADAL infantil chea de gominolas, chocolate, bonecos…

O venres día 3 foi o turno de Cangas, na Alameda Vella. Cesou o mal tempo e as actividades puideron facerse na rúa como estaban previstas. Estes foron os gañadores: 1º Premio: Roi Martínez Tenreiro, de 9 anos, gañou unha TABLET 2ºPremio: Iago Hermelo Blanco, de 5 anos, gañou unha gran CESTA DE NADAL infantil.

E finalmente o venres día 4 de xaneiro celebrouse a gran festa en Bueu, desta vez pola mañá ás 11:00h. O mal tempo fixo que as actividades de animación e o sorteo fosen celebradas no Centro Social do Mar. Os animadores subíronse ao escenario e fixeron bailar a nenos e maiores, e incluso algúns papás subiron tamén a realizar as coreografías propostas polos monitores. Tocou o turno de sacar as papeletas gañadoras da Gymkhana “exploradores do Morrazo”, sendo gañadores: 1º Premio: David Crujeiras Barreiro, de 7 anos, gañou unha TABLET 2ºPremio: David Rial Santos, de 11 anos, gañou unha gran CESTA DE NADAL infantil. Agradecemos a gran acollida que tivo a gymkhana durante o seu transcurso no mes de decembro.

Con esta actividade os cativos coñeceron o rueiro das súas vilas, descubriron os establecementos a pé de rúa e interactuaron cos seus responsables. Xogaron e resolveron preguntas sobre o seu contorno, a cultura, a gastronomía… aprendendo moitas cousas do Morrazo que se cadra non coñecían. Agradecemos tamén a asistencia de todos os nenos, nais e pais á clausura e sorteo da Gymkhana nas tres vilas do Morrazo, facendo destas xornadas unha gran festa cara o final das vacacións do Nadal.

7 de xaneiro de 2014 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.