Ordes prepárase para recibir un ano máis aos Reis Magos de Oriente na cabalgata máis importante da comarca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Un ano máis Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán a vila de Ordes para compartir unha xornada cos nenos e nenas do municipio e doutras localidades próximas. A tradicional cabalgata terá lugar o vindeiro domingo 5 de xaneiro a partir das 17.30 horas. Esse día o Concello de Ordes agarda a visita de milleiros de persoas que verán como as SSMM Os Reis Magos de Oriente percorren as principais rúas do pobo acompañados da súa garda persoal. Nesta ocasión estará composta por máis de 30 lanceiros, moitos dos cales acudirán a lomos dos seus cabalos. Os Reis Magos chegarán a lomos dos seus camelos vidos directamente do deserto. Manuel Regos, alcalde de Ordes, será o encargado de recibilo e darlle a benvida oficial na escalinata do Concello vello. En total serán máis de 100 figurantes entre pastorciños, anxos e moitos máis persoaxes que acudirán á cita nas carrozas engalanadas especialmente para a ocasión, e dende as que non se parará de repartir agasallos e caramelos tamén aptos para rapaces celíacos.

Como de costume habilitarase unha gran carpa na Alameda para facilitar o encontro entre os Reis Magos e os rapaces e rapazas, que recibirán un agasallo. Quenes así o prefiran poderán entregarlles en man as súas cartas ou ben lembrarlles as súas peticións, ademáis de fotografarse con eles. Unha infraestrutura que albergará un gran Belén viviente no que non faltarán escenas con oficios tradicionais e os personaxes máis representativos . Unha estampa na tamén haberá animais como camelos, porcos, burros, galiñas, coellos, cisnes, cabras, canguros ou pavos reais entre outros.

Para levar a cabo esta cita tan importante, sobre todo para os máis novos, cóntase coa colaboración dun amplo número de persoas que brindan o seu esforzo de maneira altruista. Gracias a todos eles, así como a diversas firmas comerciais, asociacións da zona e establecemetos, Ordes celebrará novamente a cabalgata máis importante de toda a comarca, que o ano  pasado congregou a máis de 4.500 visitantes.

Ese día a Policía Local cortará o tráfico rodado pola rúa Alfonso Senra dende as 16 ata as 21 horas. Os vehículos en dirección A Coruña desviaranse polas rúas Lagartos e Galicia, mentres que os que vaian cara a Santiago terán que circular polas rúas Rosalía de Castro e Lagartos.

 

2 de xaneiro de 2014 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.