Ordes inicia o prazo de inscrición para a campaña de esquí
O Concello de Ordes sorteará varias prazas para acudir a esquiar á estación leonesa de San Isidro de cara aos días 14,15 e 16 de marzo. Unha promoción que vai dirixida aos rapaces e rapazas nados dende o ano 2000 ao 2003 e que estén empadroados no municipio. O prazo para realizar a inscrición, a cal se deberá formalizar no departamento de Cultura e Deportes, finalizará o vindeiro 31 de xaneiro.











