Operarios Urbaser realizan labores de limpeza e mantemento en colectores de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Limpeza de colectores

Limpeza de colectores

Operarios da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de lixo en Ponte Caldelas, están a levar a cabo en todo o municipio labores de limpeza e mantemento de colectores, con especial atención ás zonas rurais.

Estes labores non só consisten no baldear os colectores, senón que se someten a un proceso de limpeza exhaustiva con produtos que axudan a eliminar bacterias e cheiros indesexables. Así mesmo, os operarios proceden a realizar labores de mantemento e reparación daqueles colectores que se atopan en mal estado e, si estan moi deteriorados, procédese á súa substitución por outros novos.

Esta actuación que está a acometer Urbaser enmárcase dentro do contrato asinado co Concello para a xestión do servizo, tras a realización dun concurso público, que inclúe tamén unha recollida diaria no centro de Ponte Caldelas así como unha frecuencia de tres días por semana en todos os núcleos do rural.

As bases do concurso dispuñan tamén unha atención especial para as zonas rurais do municipio que dispoñen de vías de comunicación veciñal moi estreitas para o que se emprega un pequeno camión de recollida que evita que se teñan que instalar os colectores lonxe das vivendas onde residen os usuarios do servizo. Antes tiñan que desprazarse a unha estrada xeral para depositar o lixo e que puidese ser cargada por un camión convencional.

Ademais, o concurso celebrado no seu día logrou para Ponte Caldelas a colocación dunha serie de illas de colectores, tanto no centro urbano como nos núcleos rurais, especialmente indicados para a recollida selectiva de lixo que favorece a reciclaxe e axuda tamén a separar os desperdicios para conseguir unha importante rebaixa no custo do servizo de recollida a través do desconto que realiza SOGAMA ao levarlle o lixo preseleccionado.

A pesar da subida imposta por SOGAMA do 34% no canon polo tratamento do lixo, o Concello de Ponte Caldelas ha implementado fórmulas para non repercutir totalmente entre os usuarios este incremento e previu o pago semestral do recibo para aliviar as cargas económicas que isto supón ás familias.

A pesar de todo, o alcalde, Perfecto Rodríguez, lembra que Ponte Caldelas dispón dun dos servizos de recollida máis eficientes da provincia, comparable ás grandes cidades, e cun custo moi axustado, moi inferior ao desas urbes, e en sintonía cos municipios existentes na súa área de influencia.

“No futuro ­­-comentou Perfecto Rodríguez- haberá que valorar si vale ou non a pena manter un servizo desta calidade, ou si prefírese outro máis básico para non incrementar a taxa de lixo. Cando se comparan as taxas de lixo que teñen os distintos concellos, hai que valorar tamén o servizo que se presta en cada municipio e, en Ponte Caldelas, podemos equipararnos neste servizo ao de calquera gran cidade”.

14 de xaneiro de 2014 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.