publicidade hoxe

Once veciños de Frades participan nun curso de ofimática de 50 horas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Once veciños e veciñas de Frades comezaron onte xoves un curso de ofimática convocado polo Concello de Frades e que está personalizado ao nivel e ás necesidades de cada un dos alumnos participantes. Trátase dun curso no que o profesor se adapta tanto ao nivel como ás necesidades de cada alumno, pudendo así ofrecerlle unha formación personalizada.

O curso, de 50 horas lectivas, celébrase todos os martes e xoves na Aula de Informática do Concello de Frades en horario nocturno, de 20:30 a 22:30 horas. Un horario que é o que máis facilita a participación dos veciños. As clases celebraranse ata o 15 de abril e nelas os veciños abordarán distintas temáticas de acordo coa súa formación nas novas tecnoloxías, dende cuestións básicas do manexo dun ordenador baixo o sistema operativo Windows ata coñecementos sobre o funcionamento de programas (Word, Excel, Access…) e Internet.

24 de xaneiro de 2014 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.