Oitenta veciños de Frades participaron nunha viaxe a Xuvenlugo

Veciños que participaron na excursión
Uns oitenta veciños e veciñas participaron nunha excursión organizada polo Concello de Frades a “Xuvenlugo”, unha feira lucense que inclúe diversas atraccións e xogos dirixidos ao público infantil e xuvenil. O Concello de Frades puxo dous autobuses de balde para todos os veciños e veciñas empadroados no municipio, mentres que os non empadroados tiveron que aboar unha cota de 3 euros.
Xa en Xuvenlugo, todos puideron disfrutar dos inchables, dos coches de choque e do rocódromo, así como participar nos obradoiros (de videoxogos e globoflexia) e varias atraccións (tren da bruxa, saltón e camas elásticas) ás que daban acceso a entrada ao recinto (5 euros, que foi o custe da viaxe). As outras actividades (como a tirolina, o paintball, o minigolf, o scaléxtric ou o karting infantil) non estaban incluídas nesa entrada, pero non foron poucos os que participaron nelas.











