Ofrenda floral e acto cultural con motivo do 64 pasamento de Castelao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Ofrenda floral. Foto: X. Crespo

Ofrenda floral. Foto: X. Crespo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe no acto cultural e ofrenda floral organizado pola Fundación Castelao con motivo do 64 Aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Acompañando á ofrenda floral da Fundación, foi depositado un ramo de flores en nome da Xunta de Galicia, como sinal de homenaxe, respecto e lembranza de tan relevante persoeiro galego na mesma data do seu pasamento, acontecido en Buenos Aires no ano 1950.

A homenaxe celebrada no Panteón de Galegos Ilustres, onde repousan os restos do ilustre intelectual, artista e político rianxeiro, consistiu nunha ofrenda floral na que interviron varios representantes do ámbito cultural galego, co peche do presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella Villar. As intervencións musicais correron a cargo do “gaiteiro nubeiro”, Raúl Galego, así como coa participación dos músicos Mini e Mero. Rematou coa interpretación do Himno Galego por parte dos asistentes a Bonaval.

7 de xaneiro de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.