Obradoiro Cab organiza o concurso “Pádel Compostela” co que gañar unha cota de socio gratis
O Rio Natura Monbus e Pádel Compostela, membro do Club de Empresas Obradoiro, pon en marcha o concurso “Padel Compostela”. Un xogo que terá lugar durante o transcurso dun dos tempos mortos nos partidos que o equipo obradoirista dispute no Fontes do Sar.
Para iso, a persoa elixida deberá nun tempo máximo de 24 segundos encestar desde debaixo de canastra, liña de tiro libre e desde a liña de 6, 75. Aquel que consiga anotar nas dúas primeiras posicións levará UNHA PISTA GRATIS PARA 4 PERSOAS (en fin de semana con previa reserva) de Pádel Compostela. Si por conseguinte tamén consegue encestar desde a liña de 6, 75 entón levará unha COTA GRATUÍTA DE SOCIO durante un mes.
Para participar no concurso “Padel Compostela” só tes que enviarnos un correo electrónico á dirección concursopadel@obradoirocab.com indicándonos os teus datos persoais e un número de teléfono de contacto.











