O xuíz que instrúe o caso Asunta pide “explicacións” pola intención de Rosario Porto de actuar como letrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press
Entrada do furgón policial

Entrada do furgón policial

O xuíz que instrúe o caso pola morte de Asunta Basterra, José Antonio Vázquez Taín, pediu ao avogado de Rosario Porto, José Luís Gutiérrez Aranguren “explicacións” que argumenten o motivo polo que a súa defendida debería actuar tamén como letrada do seu defensa no caso.

Así o explicou aos medios de comunicación Aranguren á súa chegada aos xulgados de Santiago, pouco despois das 9.00 horas e visiblemente molesto con esta petición, ante a que expresou a súa sorpresa.

“Pídenme explicacións, pero non teño por que dalas”, afirmou o letrado, que se limitou a lembrar “os dereitos que ten un avogado” e “a súa función”.

Rosario Porto chegou nun furgón da Garda Civil aos xulgados de Santiago sobre as 9.30 horas. Neste edificio está previsto que se lle realice unha proba psiquiátrica a partir das 10,00 horas si, finalmente, non participa como letrada na declaración das testemuñas prevista para este venres.

Á súa entrada aos xulgados, Gutiérrez Aranguren asegurou que ten “a sensación” de que, finalmente, Porto “non” actuará como letrada, ante a súa negativa a dar explicacións sobre o motivo.

UNHA CUESTIÓN ESTÉTICA

Alberto Martín, o avogado do home cuxo perfil xenético coincide co seme achado na camiseta de Asunta, tamén acudiu este venres aos xulgados de Santiago para presenciar a declaración das testemuñas chamadas a comparecer ante o xuíz Vázquez Taín.

Á súa chegada, pouco despois das 9.15 horas, Martín sinalou que a actuación de Porto como avogada do seu defensa é unha “cuestión estética”. Así, explicou, corresponde ao Colexio de Avogados o “habilitala”, pero a súa “participación no xuízo” debe decidila “a súa señoría”.

“A nós non nos parece ben”, recoñeceu Alberto Martín, quen considerou que debe “prevalecer a súa condición de acusada”. “Ela é letrada, está habilitada polo colexio, pero ten unha defensa, non está indefensa, e debe ser o seu defensa a que siga a liña no xuízo”, sentenciou.

Para este avogado, a presenza de Rosario Porto como letrada no caso “busca só unha cuestión estética de carácter positivo” e “pode prexudicar a instrución”.

Máis duro foi nas súas declaracións o letrado da acusación particular, Ricardo Pérez Lama, quen, á súa entrada aos xulgados, asegurou que a admisión de Rosario Porto como letrada do seu defensa pode causar “dilacións indebidas” na instrución e garantiu que, de producirse, “haberá unha fiscalización de todos os gastos que se producen nos desprazamentos”.

“Haberá que imputar a posteriori a quen corresponda polos gastos que se ocasionan ao erario público”, sinalou.

24 de xaneiro de 2014 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.