O xogador do Azkar Lugo, Mendiola, é sancionado cun partido de suspensión
O xogador do Azkar Lugo FS, Miguel Mendiola Venta, foi sancionado polo Xuíz de Competición cun partido de suspensión trala súa expulsión con vermella directa no derbi do pasado sábado. O porteiro do Azkar é sancionado por “interromper unha xogada ou lance do xogo, evitando ocasión manifesta de gol”. Mendiola será polo tanto baixa para o partido deste fin de semana ante ElPozo Murcia.











