O xogador celeste Samuel recibe a alta médica tras seis meses dende a súa operación
Tras case seis meses desde a súa operación, o central céltico Samuel Llorca recibiu esta mañá a alta médica. O xogador celeste, que xa leva unhas semanas integrado no traballo co grupo, xa está a disposición do adestrador Luís Enrique. Samuel sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco interno do seu xeonllo dereito aos poucos días de comezar a pretemporada, tras superar a anterior campaña unha lesión similar no seu xeonllo esquerdo.
Por outra banda, o canteirán David Costas, que onte se exercitou á marxe por unha bursitis no seu ombreiro esquerdo, tamén recibiu a alta médica e poderá participar no partido ante a Valencia CF deste sábado (18.00 horas, Balaídos).











