O Trofeo de Reis Concello da Coruña de basket en cadeira de rodas celébrase o 4 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa da celebración do Trofeo de Reyes Concello da Coruña de basket en cadeira de rodas o vindeiro sábado 4 de xaneiro, ás 18.00 horas, no polideportivo municipal de Novo Mesoiro.

Neste trofeo participarán o ferrolán Abeconsa Basketmi, equipo fundado en 1990, pioneiro nesta disciplina e envorcado en dar ás persoas discapacitadas de Galicia unha oportunidade de practicar deporte, e o Garmat Avilés. Ambos os equipos xogan na primeira división grupo norte.

O encontro, organizado polo Concello en colaboración con Grumico e Basketmi, ten como obxectivo favorecer a integración das persoas con discapacidade, á vez que se fomentan os seus dereitos, autonomía e vida independente incidindo no respecto pola diversidade. Desta forma, séguese apostando desde a Concellaría de Deportes por fomentar a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables entre todos os cidadáns. A entrada será libre e haberá sorteo de agasallos.

2 de xaneiro de 2014 | 11:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.