O Teatro Municipal de Tui rexistrou 20.000 usuarios durante o ano 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O Teatro Municipal de Tui acolleu ao longo do ano 2013 un total de 72 actividades, en 55 días de apertura deste espazo cultural, disfrutando das mesmas 20 mil usuarios.

Dende a súa posta en funcionamento, hai 10 anos e 9 meses, o teatro tudense abriu as súas portas 650 días, e pasaron polo mesmo máis de 235 mil usuarios.

Nas 72 actividades celebradas en 2013 están por unha parte os 20 espectáculos que conformaron a programación oficial, e por outra outros eventos organizados tanto polo propio concello coma por outras entidades. 

13 de xaneiro de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.