O sorteo das 17 prazas para Narón da Campaña de Esquí da Deputación terá lugar o 28 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de informar da data na que se celebrará o sorteo das 17 prazas concedidas pola Deputación de A Coruña ó Concello de Narón, dentro da Campaña de Esquí 2014.

Dado que o número de solicitudes supera ó de prazas, realizarase un sorteo público entre os solicitantes, que terá lugar o martes 28 de xaneiro ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Narón.

A Campaña de Esquí está dirixida a escolares nados nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003. Os participantes disfrutarán dunha fin de semana con aloxamento e manutención e cursiños de esquí na estación de San Isidro (León). A cota de participación é de 36€ por persoa.

24 de xaneiro de 2014 | 20:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.