O Santiago Futsal prepara o último compromiso ligueiro antes do parón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal retoma esta tarde os adestramentos para preparar o encontro da xornada 20 que o enfronta a Ríos Renovables Ribeira de Navarra o sábado 18 ás 18,30h na Polideportivo Cidade de Tudela. Este será ademais, o último partido de liga antes do parón pola celebración do Europeo de Bélxica que disputará a selección española para revalidar o título.

Os santiagueses, que a pesar das dúas últimas derrotas, continúan sextos con 26 puntos, buscarán sumar o tres puntos na difícil cancha de Tudela, para volver sacar vantaxe dos que veñen apertando por detrás, que xa están a 1 e 2 puntos. Pola súa banda, Ríos Renovables é noveno con 22 puntos e tamén quere o tres puntos para non desengancharse dos postos de play-off, que ten a tan só 2 puntos.

Nas visitas previas á cancha de Tudela, o Santiago Futsal conseguiu sempre bos resultados, a pesar de sufrir para iso. Hai dúas tempadas venceu 5-8 a un recentemente ascendido Ríos Renovables e a pasada campaña inaugurou a liga cun apertado 1-2.

O persoal dirixido por Santi Valladares adestrará durante toda a semana en sesión de tarde, excepto o venres que adestrará de mañá, para saír despois con destino a Tudela. Tras o partido, o persoal gozará dunha semana de descanso.  

Plan de traballo da semana

Luns 13 de Xaneiro:
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Martes 14 de Xaneiro:
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Mércores 15 de Xaneiro:
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Xoves 16 de Xaneiro:

17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Venres 17 de Xaneiro:

9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

11,30h – Salga de prensa do Multiusos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares

12h – Saída cara a Tudela

Sábado 18 de Xaneiro:

18,30h – Polideportivo Cidade de Tudela – J20. Ríos Renovables Ribeira de Navarra vs Santiago Futsal

Domingo 19 de Xaneiro:

Descanso

13 de xaneiro de 2014 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.