O Salón de Plenos ourensán acolleu a presentación do libro “Conversas con Estraviz”, de Bernardo Penabade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

No Salón de Plenos municipal tivo lugar esta mañá a presentación do libro Conversas con Estraviz. Esta é unha publicación escrita polo profesor Bernardo Penabade, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura. No acto tamén estiveron ademais do protagonista, a concelleira Ana Garrido, e Miguel Penas en representación da Asociación Galega da Lingua – AGAL -.

Conversas con Estraviz, é unha obra que afonda na figura e o perfil humano do estudoso e activista Isaac Alonso Estraviz, autor do máis completo dicionario de galego – portugués. Un percorrido polos seus máis de trinta anos de traballo que levaranos a coñecer mellor a historia dunha das figuras máis relevantes no estudo da lingua e literaturas galegas. A obra está escrita por Bernardo Penabade, tamén profesor de Lingua e Literatura no IES Pedrouro de Burela.

Con motivo desta nova obra, o Auditorio Municipal acolle mañá ás 20 h un acto que consistirá nun coloquio, onde o protagonista estará acompañado do autor, Bernardo Penabade, e dos representantes da Asociación Galega da Lingua – AGAL -, Miguel Penas e Valentim Fagim. Tamén haberá un acompañamento musical por parte do grupo ourensán Terra Morena.

16 de xaneiro de 2014 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.