publicidade hoxe

O Rio Natura Monbus asina un convenio de colaboración con Padrón e Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPadrónPontecesuresSantiago de Compostela
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O Rio Natura Monbus asinou no día de hoxe un convenio de colaboración coas escolas deportivas dos municipios galegos de Padrón e Pontecesures. O club compostelán continúa cada vez máis preto dos clubs galegos con dous novos acordos, un co termo municipal coruñés de Padrón e outro co pontevedrés de Pontecesures.

O director de mercadotecnia da entidade obradoirista, Javier Puñal, rubricou estes convenios para “dar continuidade ás escolas deportivas”, que poderán achegar xogadores á canteira do club santiagés.

“A continuidade neste tipo de asociacións e acordos que continuamos renovando e estendendo a numerosos clubs, colexios e concellos de toda a rexión están encamiñados a lograr un crecemento notable da nosa canteira e á súa vez dotarán dunha maior continuidade e horizontes á formación deportiva de moitos mozos da zona”. subliñou.

Puñal asinou en primeiro lugar co alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e cos representantes do Clube Baloncesto Padrón antes de reunirse Roque Araujo, concelleiro de deportes de Pontecesures, e a presidenta do CB Río Ulla Mónica Espadas. “O futuro do club pasa -como nos reflicte o noso propio universo de abonados- por estenderse a máis aló de Santiago, tanto en público, como en canteira e, por suposto, a nivel empresarial, onde aproveitamos para solicitar o apoio dos concellos con que asinamos”, apuntou.

No convenio asinado establécense actividades do club en ambas as localidades, así  como facilidades nos desprazamentos e presenza dos alumnos das escolas deportivas municipais nos partidos de Liga Endesa. Ademais, todos os integrantes das escolas deportivas disporán de prezos reducidos para asistir a varios encontros que dispute o Rio Natura Monbus no Multiuso Fontes do Sar, do mesmo xeito que nas actividades que leven a cabo durante a tempada como a asistencia aos Campus de Verán e Nadal.

30 de xaneiro de 2014 | 20:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.