O rexedor ourensán expón á Federación de Veciños Limiar o Plan de Investimentos do concello
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, recibiu esta mañá acompañado do concelleiro de Economía e Facenda, José Ángel Vázquez Barquero, á directiva da Federación de Asociacións de Veciños Limiar, para expor as actuacións previstas polo Concello de Ourense no plan de investimentos de 2014. Manuel Carnero, Mercedes Alcalá, María Dolores Gallardo e Benita Conce foron informados da inversión prevista de máis de 850.000 euros en obras do perímetro rural da cidade.
O compromiso adquirido, tal e como sucedeu a pasada semana coa Agrupación de Veciños Miño, contempla a realización de actuacións urxentes no perímetro rural, infraestruturas viarias urbanas e ampliación e mellora do alumeado público. Tocáronse tamén temas como o acondicionamento de viarios urbáns, renovación de beirarrúas, adecuación de pistas e camiños e renovación de luminarias de alto consumo en zonas verdes da cidade.
A xuntanza tamén contemplou o conxunto de actuacións que se desenvolverán proximamente en ámbitos urbanos da cidade, como a renovación dos accesos ao barrio do Cuco, ou a reparación do firme na Avenida da Habana, Ramón Cabanillas e Parque de San Lázaro.











