O rexedor de Gondomar clausura os cursos de formación on-line

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

O Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, e a Concelleira de Igualdade, Patricia Durán fixeron entrega, onte, dos diplomas dos cursos realizados baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE. Este tipo de formación baseouse nunha metodoloxía flexible coa que o Concello de Gondomar xa traballa desde os últimos seis anos.

Ao igual que en edicións pasadas os cursos foron gratuítos, de 85 horas de formación a excepción de “Prevención de riscos laborais” que foi de 60 horas,  e foron destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Engadir que se formaron un total de 75 persoas cuxas prazas foron adxudicadas por orde de formalización de inscrición, sempre e cando se cumpriron cos requisitos.

A oferta formativa deste ano foi:

­Área de informática: Office 2010 e Open Office Writer, Calc e Base

­Área xestión contable: Contaplus, Nominaplus e Facturaplus

­Área de habilidades directivas: Uso profesional das redes sociais

­Área xurídica procedimental: Protección de datos e Prevención de riscos laborais básico

­Área igualdade de xénero: Educación para a igualdade de oportunidades

­Idiomas: Inglés intermedio

29 de xaneiro de 2014 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.