O rexedor de Cambre asina o acordo coa Deputación para reformar a Piscina de A Barcala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCambre
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, e opresidente da Deiputación da Coruña,  Diego Calvo, rubricaron o convenio que permitirá  reformar a Piscina da Barcala. A Deputación da Coruña aprobou no pasado mes de dembro en pleno a firma dun convenio co Concello de Cambre para financiar as obras de reforma e reparación da piscina cuberta de A Barcala . A achega provincial que se recolle no acordo é de 240.000 euros, o que supón o 75,08% do investimento total (319.669,42 euros) necesario para levar a cabo todas estas actuacións.

En total, as obras executaranse nos 717 metros cadrados de toda a construción deportiva, converténdoa nunha actuación esencial e prioritaria para os veciños do concello de Cambre.  “É unha gran nova para os veciños de Cambre que terán por fin una infraestructura en condicións. Quero agradecer o compromiso da Deputación co noso concello que segue apostando por mellorar o benestar dos cambreses una vez máis”, apuntó Rivas.

O primeiro edil destaca a reforma integral que sufrirá a piscina nos vindeiros meses e que “sen dúbida cambiará o estado actual da mesma”. Moitas foron as protestas veciñais nos últimos tempos polo estado desta infraestructura, e nós cumpliremos co noso deber desde o concello e daremos rssposta a todas as demandas sobre a piscina”, sinalou.

Unha vez asinado o convenio o concello poderá comezar nas próximas semanas o proceso de contratación para que a ejecución comece o antes posible.

Melloras

Con esta orzamento financiaranse obras nos vestiarios dos usuarios, nos que se realizará unha nova distribución e se renovarán e adecuarán as instalacións de climatización e saneamento, fontanería e iluminación.

Pola súa banda, na sala da piscina substituiranse os acabados do falso teito, e as portas de evacuación cambiaranse por outras máis actualizadas, segundo a normativa vixente. Tamén se repararán os danos da estrutura de madeira e os parámetros verticais. Ademais, na praia da piscina impermeabilizarase o pavimento e procederase á  construción de canaletas para liquidar as acumulacións de auga no chan. En canto ás actuacións previstas para a estrutura metálica, levarase a cabo a eliminación do óxido dos elementos metálicos da estrutura e a aplicación de produtos adecuados para previr unha nova oxidación. O orzamento tamén abarca o pago das mellores no sistema de ventilación, no que se substituirá o sistema de climatización actual por un adaptado ás condicións da edificación. Na sala de instalacións se repararán e substituiranse todos aqueles elementos das instalacións que presenten problemas de filtración.

Ademais, substituiranse pezas do pavimento rotas ou con fisuras e os danos en teitos e pinturas;  procederase á eliminación de vexetación, a reparación de láminas asfálticas, chapas de aceiro e paneis sándwich que estean deteriorados na cuberta do edificio.

 

31 de xaneiro de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.