O proxecto “Vidas Entrecruzadas” expón no Museo Municipal de Ourense a súa primeira peza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Esta mañá presentouse a primeira peza do proxecto Vidas Entrecruzadas, que ao longo deste 2014 exporá obras artísticas acompañadas de textos na Sala Fondos do Museo Municipal. A idea parte dos artistas Xosé Lois Carreira e Iñaki Aranzabal, que elaboraron esta singular exposición. Posteriormente cada obra se subastará e a recadación acadada irá para a organización Médicos sen Fronteiras.

A primeira peza corresponde a unha maqueta de escaiola policromada denominada Tempo presente, pasado e futuro. Ademáis dos artistas, na presentación estiveron concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e a directora de espazos expositivos, Eva Torres.

17 de xaneiro de 2014 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.