O prazo para o certame de Cartas de Amor de Cangas rematará o 30 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Todos os interesados e interesadas en participar no certame de “Cartas de Amor” promovido pola Concellería de Xuventude poderán entregar os seus traballos ata o día 30 de xaneiro na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Cangas.

Haberá dúas categorías que van, ata os 16 anos e outra a partir dos 17.

A extensión máxima das cartas será de dous folios mecanografiados a dobre espazo e co texto en galego.

Todos os traballos deberán presentarse acompañados dun sobre pechado no que se incluirán  os datos da autora/or: nome, enderezo, nº de teléfono, fotocopia do D.N.I. ou libro de familia.

O día 12 de febreiro, na Casa da Xuventude de Cangas, darase a coñécero fallo do xurado.

O os premiados da categoría para menores de 16 poderán optar aos seguintes premios. A persoa que quede en terceiro lugar conseguirá un vale de 40€ e un diploma de recoñecemento, quen acade a segunda posiciónun vale por 50 € e un diploma e o gañador un vale por 75€ e un diploma. Os premios para a categoría dos maiores de 17 anos serán, para quen quede en terceiro lugar unha estancia dunha noite  para dúas persoas nunha Casa Rural e un diploma, para o segundo o mesmo premio e o gañador ou gañadora recibirá unha estancia dunha fin de semana nunha Casa Rural para dúas persoas e un diploma.

20 de xaneiro de 2014 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.