O prazo de preinscrición para participar na Campaña de Esquí 2014 da Deputación finaliza o 24 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O Concello de Narón ven de recibir unha comunicación da Deputación de A Coruña respecto ó programa denominado “Campaña de Esquí 2014”, segundo o cal lle corresponden a este municipio 17 prazas para participar nesta convocatoria.

Asimesmo, a Deputación adxudica a Narón a 1ª quenda deste programa, que se desenvolverá os días 15 e 16 de febreiro de 2014 na estación invernal de San Isidro (León) e que está dirixido a rapaces e rapazas nados nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003.

O prazo máximo fixado pola Deputación de A Coruña para entregar as inscricións e documentación dos participantes remata o venres 31 de xaneiro. Por este motivo, o Concello pechará o prazo de preinscrición o venres 24 de xaneiro (realízase no Rexistro Xeral do Concello, en horario de mañá) para proceder nos seguintes días a sortear públicamente ante o secretario do Concello as prazas dispoñibles.

20 de xaneiro de 2014 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.