O PP de Ourense urxe reunirse cos portavoces ante as denuncias das edís socailistas que deixaron a xunta de goberno
O portavoz do PP de Ourense, Rosendo Fernández, rexistrou este martes no Concello a petición de convocatoria “urxente” da xunta de portavoces tras as denuncias realizadas por dúas das concelleiras díscolas socialistas, Susana Bayo e María Devesa, que presentaron a súa renuncia a continuar na xunta de goberno local.
Entre os argumentos dados por ambas as edís, aludíase a que a “propia dinámica” da actuación da xunta de goberno supón “unha evidente inseguridade xurídica para os seus membros” con “continuo risco de vulneración do ordenamento xurídico”.
Tamén denunciaban que non se comproban os informes dos expedientes nin se debaten os puntos da orde do día”, co “perigo evidente” que iso leva de “incorrer en ilícitos penais”.
Á vista desta situación e a que, no marco da crise local socialista, dous edís renuncian a seguir na xunta de goberno debido “á adopción de acordos sen votación” e á existencia de “perigo de delinquir”, Rosendo Fernández urxe unha reunión de portavoces.
No seu escrito, o popular remítese aos artigos 48 e 49 do regulamento orgánico do goberno e de organización do pleno e a comisión especial de suxestións e reclamacións do Concello, así como ao acordo plenario de marzo de 2013 que determina “que os portavoces municipais reuniranse cando haxa feitos notorios de relevancia social”.











