O Plan RUA leva a súa actividade ao barrio de Novo Mesoiro esta semana
O Concello da Coruña informa de que desde hoxe luns, 27 de xaneiro, e até o vindeiro xoves día 30, o Plan RUA realizará unha actuación integral na zona de Novo Mesoiro, tras o seu paso, a semana pasada, pola Urbanización Breogán, Urbanización Obradoiro, Lugar de Feáns e Mesoiro. Así, durante o próximos catro días esta iniciativa chegará a unha decena de rúas e prazas deste barrio, o que supón unha superficie de 25.608 metros cadrados.
Realizaranse distintas actuacións como limpeza e aseo de calzadas, rúas e prazas, colectores e rede de sumidoiros; mantemento de zonas verdes e parques infantilles; ou reparación de distintas incidencias entre as que destacan as relacionadas coa iluminación pública, entre outras. Participarán un total de 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sustentables e ordenados coa colaboración dos veciños.
– Baldeo de beirarrúas, calzadas e prazas.
– Mantemento de parques infantís.
– Reparación de 16 incidencias en iluminación pública.
– Limpeza e reparación de 240 colectores.
– Reposición de 6 colectores.
– Limpeza e reparación de 60 papeleiras.
– Reposición de 3 papeleiras.
– Limpeza duns 2.800 metros lineais da rede de rede de sumidoiros da zona. Limpeza e mantemento duns 90 pozos da rede de rede de sumidoiros e de 150 sumidoiros.
– Colocación de 160 cebos (desratización) en 80 arquetas de rede de sumidoiros.
– Mantemento de zonas verdes.
– Mantemento de 5 marquesiñas.
– Mantemento de bocas de incendio.
– Inspección de vehículos abandonados.
O Plan RUA permanecerá neste barrio até o próximo 30 de xaneiro para continuar os traballos, nesta primeira fase do Plan RUA 2014, nos barrios das Xubias, Agra do Orzán (zona próxima ao Ventorrillo), Monte Alto (La Torre – Orillamar), Elviña 2ª fase e Barrio das Flores.