O Pazo da Cultura de Narón acollerá a I Xornada de Emerxencias e Autoprotección

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O Pazo da Cultura do Concello de Narón acollerá os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro as I Xornadas de Emerxencias e Autoprotección, organizadas polo Concello de Narón e Emerxencias Narón en colaboración coa Universidade de A Coruña, a AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública) e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón.

Os horarios serán os seguintes: venres de 18:00 a 20:30 horas, e sábado de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas. A entrada é libre, e a inscripción realizarase á entrada do evento. Programa das I Xornadas de Emerxencias e Autoprotección do Concello de Narón:

Venres 31 de xaneiro

18:00 a 18:30 horas:  Presentación das Xornadas

Acto institucional

 18:30 a 19:00 horas: Lección Inaugural

Andrés Pedreira Ferreño

 19:00 a 20:30 horas: Mesa-redonda

Evolución e perspectivas da autoprotección

Modera: Rafael Pazos Louro

Ponentes: Andrés Pedreira Ferreño, Victor Vázquez Pérez, Carlos García Touriñán, José Manuel Pena Salido.

Sábado 1 de febreiro

 10:00 a 11:00 horas: Ponencia

 A figura do técnico competente nos plans de autoprotección

Daniel Lourenzo Mirón

 11:00 a 11:30 horas: Descanso

 11:30 a 12:30 horas: Ponencia

A implantación dos plans de autoprotección: formación e información, simulacro e rexistro

Victor Vázquez Pérez

 13:00 a 14:30 horas: Ponencia

Seguridade contra incendios. edificación e medios técnicos

Jesús Valencia

 14:30 a 16:00 horas: Descanso para xantar

 16:00 a 17:30 horas:  Ponencia

A integración da seguridade vial nas labores de prevención

José Antonio Carballido Vázquez

Simón Cabarcos e Pedro Caneiro Beceiro

 17:30 a 19:00 horas:  Ponencia

Psicología de emerxencias e a súa aplicación nos plans de autoprotección

Concepción López Martín

Mª Carmen González Hermo

José María Rolón Varela

Información sobre os ponentes:

 Andrés Pedreira Ferreño

Andrés Pedreira Ferreño é Enxeñeiro Técnico Industrial e exerce como Secretario Xeral da Asociación Profesional de Ingeniería de Protección contra Incendios (APICI). Actualmente exerce como profesor do Mestrado de Instalacións na Edificación da Universidade de Vigo e é Coordinador do Mestrado de Enxeñería e Protección Contra Incendios da Universidad Pontífica Comillas.

 Víctor Vázquez Pérez

Víctor Vázquez Pérez é Xefe do Servizo de Emerxencias do Departamento Territorial da Coruña da Xunta de Galicia. Enxeñeiro Técnico, conta con unha ampla formación en materia de seguridade, prevención e protección civil e colabora con diversas entidades como a Academia Galega de Seguridade Pública e a Escola Galega de Administración Pública.

 Carlos García Touriñán

Carlos García Touriñán conta con unha ampla experiencia profesional nos servizos de prevención e extinción de incendios. Actualmente exerce como Director da Área de Seguridade e Mobilidade do Concello da Coruña e é docente en entidades e institucións como a Academia Galega de Seguridade Pública ou a Escuela Nacional de Protección Civil.

 José Manuel Pena Salido

José Manuel Pena Salido é responsable de seguridade de Forestal del Atlántico.

 Daniel Lourenzo Mirón

Daniel Lourenzo Mirón e Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comuns. Dedicase profesionalmente á planificación e prevención de emerxencias en PREVINEM e fai parte da Xunta Directiva da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Narón.

 Jesus Valencia

Jesús Valencia é dedicase a labores de prevención no Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello da Coruña.

 José Antonio Carballido Vázquez

José Antonio Carballido é Oficial da Policía Local de Narón e conta con unha ampla experiencia na planificación e prevención de eventos na vía pública.

 Simón Cabarcos Novás

Simón Cabarcos Novás fai parte do Equipo de Seguridade Vial do Concello de Narón e foi un dos principais impulsores do Programa Educativo de Seguridade Viaria no que participan centros de ensino infantil, primaria e secundaria. Dito programa foi merecedor do premio “Ponle Freno” de 2010 concedido pola Fundación Mapfre. Actualmente forma parte do servizo municipal de Emerxencias Narón.

 Pedro Caneiro Beceiro

Pedro Caneiro Beceiro é Policía Local. Fai parte do Equipo de Seguridade Vial do Concello de Narón e foi un dos principais impulsores do Programa Educativo de Seguridade Viaria no que participan centros de ensino infantil, primaria e secundaria. Dito programa foi merecedor do premio “Ponle Freno” de 2010 concedido pola Fundación Mapfre.

 Mª Carmen González Hermo

Mª Carmen González Hermo é psicóloga e membro da Comisión Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 Concepción López Martín

Mª Carmen González Hermo é psicóloga e membro da Comisión Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 José María Rolón Varela

José María Rolón Varela é psicólogo e profesor na Faculdade de CC do Traballo da Universidade da Coruña en Ferrol. Imparte docencia sobre a intervención psicolóxica en emerxencias no módulo de Protección Civil e Xestión de Emerxencias no Mestrado de Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comuns.

Sobre as I Xornadas de Emerxencias e Autoprotección do Concello de Narón

A elección da temática destas I Xornadas de Emerxencias e Autoprotección do Concello de Narón non foi casual. No seu Plan de Autoprotección conflúen fenómenos característicos da prevención. Por un lado o seu carácter de elemento chave para a prevención e control de situacións de risco e, á vez, unha certa incomprensión da súa natureza e utilidade que afecta, non só a poboación en xeral, senón incluso a membros dos servizos públicos de emerxencia.

Lonxe de profundizar en algún dos elementos ou aspectos da autoprotección e da súa planificación, as Xornadas apostan por unha abordaxe iniciática, na que trataranse de analizar as características da mesma. Para iso, o Concello de Narón e o seu servizo municipal de Emerxencias, xunto con as entidades colaboradoras na organización destas I Xornadas de Emerxencias e Autoprotección, poñen a disposición de técnicos e membros do sistema de Protección Civil este espazo de reflexión, co obxectivo de contribuir non só a ampliar o coñecemento sobre os plans de autoprotección, senón tamén de resaltar a necesaria labor preventiva que débese levar a cabo sempre.

27 de xaneiro de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.