O pavillón municipal de Carral acolle unha nova edición da liga galega de Escolas de Tiro con Arco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralDeportes
A-
A+

O vindeiro sábado 12 de marzo, disputarase no pavillón municipal do Espiño unha nova edición do “Trofeo Concello de Carral- Liga Adarve de escolas de tiro con arco”. Este evento, que con esta suma xa a súa sexta convocatoria no municipio carralés,  está organizado polo Concello de Carral e o club Porteiros do Adarve e con el preténdese fomentar unha práctica deportiva saudable entre os máis novos da localidade carralesa. Na competición tomarán parte seis escolas e clubs deportivos de diversos puntos da xeografía galega como A Coruña, Curtís, Laracha, Arteixo, Lugo, etc., e por suposto, a escola deportiva municipal de tiro con arco de Carral.  

Está previsto que o evento, comece sobre as 17.15 h. con deportistas de idades comprendidas entre os 7 e os 55 anos. A competición cun formato por puntuación, constará de 7 categorías que agrupaban a todos os porteiros; Esquío (masculino e feminino), Benjamines (masculino e feminino), Alevíns (masculino e feminino), Infantís, Cadete, Noveis e Senior. A diferenza de anteriores edicións, nesta quinta convocatoria aparece como novidade a participación de porteiros adultos que acaban de empezar neste mundo do arco. Estes compiten na categoría de noveis.

Espérase terminar o acto, ao redor das 19.15 h, momento no que todos os participantes poderán degustar uns “entremeses” ofrecidos polo club de arco, mentres os xuíces do acto ditaminaban as puntuacións finais. Unha vez aclarados os postos dos porteiros, farase entrega dos trofeos ao tres mellores de cada categoría ademais dun diploma para cada participante.

Para  máis  información,   os  interesados poden dirixirse á Casa  da  Cultura de  Carral, no teléfono  981  672580 no mail deportes@concellocarral.com.

20 de xaneiro de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.