publicidade hoxe

O Pavillón Municipal da Cañiza acolle o 3º Taller infantil de aeromodelismo e voo de modelos indoor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaCalendario
A-
A+

O pavillón deportivo municipal da Cañiza acollerá este sábado, 4 de xaneiro, o 3º taller de aeromodelismo organizado polo Clube de Vuelo a Vela Fontefría e o Concello de A Cañiza.

Está dirixido a nenos de entre 4 e 14 anos de idade que terán a oportunidade de construir un aeromodelo sinxelo coa intervención dos monitores que lles axudarán nesta tarefa. Nesta escola taller disporase de todo o material para a realización dun aeromodelo sin coste para os participantes que ademáis contarán cun agasallo. Finalizará coa realización dunha proba de habilidade mediante unha competición infantil.

O taller comezará a partires das 9 da mañá, coa chegada dos aeromodelistas e preparación dos talleres nas aulas almacén así como dos simuladores de voo e preparación dos modelos de voo Indoor. Äs 11h00 comezará a exhibición de voo e a esta hora está prevista a apertura ao público. Unha hora despois comezarán as inscricións dos nenos e nenas que desexen participar na escola taller e comezará a montaxe dos modelos. As 13h00 está prevista a competición infantil de voo e ao rematar entrega dos trofeos e peche da sesión matinal de exhibición.

Pola tarde se retoma a actividade a partires das 16h30. A esta hora comezará a 2ª parte da exhibición. De novo abrirase o plazo para que os nenos interesados poidan inscribirse para participar no taller que comezará  ás 17h30. Unha hora despois terá lugar a proba infantil e de novo entrega de premios.

Ademáis de traballar nestes talleres, os asistentes poderán participar na programación dun voo virtual. Para isto cóntase cuns PCs con simuladores de voo, que se comandan con equipos de radio control habituais en aeromodelismo.

A xornada contará con continuas exhibicións de voo de modelos indoor. Os aeromodelistas inscritos no evento realizarán distintas probas de habilidade como acrobacias, gymkhana aérea e combate aéreo durante toda a xornada, sendo o principal obxectivo que en todo momento haxa un modelo radio controlado voando.

2 de xaneiro de 2014 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.