O partido socialista “seguirá a folla de ruta” para resolver a crise do grupo en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurensePontevedra
A-
A+
E.P.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, remarcou este luns que o seu partido seguirá “a folla de ruta” marcada a semana pasada cun acordo “unánime” da executiva para tentar resolver a crise do PSOE de Ourense.

Ese documento, ratificado por toda a dirección do PSdeG –incluídos o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o secretario provincial, Raúl Fernández–, esixía “respecto” cara ao rexedor e a volta á “normalidade” política no consistorio da terceira cidade de Galicia.
“O partido está na aplicación da folla de ruta e, por tanto, cando haxa algunha novidade nesa aplicación dese acordo, seguirase esa folla de ruta”, sinalou, en referencia a que o incumprimento dese marco levará medidas disciplinarias.

En todo caso, sen querer profundar no asunto, o xefe de filas do PSdeG engadiu que “cando se produzan novidades, informarase cumplidamente de calquera novidade no que incumbe a Ourense”.

BRANCO Á EUROCÁMARA

Por outra banda, Besteiro falou da posible inclusión do exministro socialista José Blanco nas listas ao Parlamento europeo, sobre a que xa manifestara o seu respaldo ao seu compañeiro de partido.

Respecto diso, dixo que si se confirma” esta extremo espera que exerza “como eurodiputado español e galego””. “Imos traballar para que sexamos capaces de trasladar esa Europa alternativa que os socialistas desexamos tamén para Galicia”, engadiu.

PRIMARIAS

Finalmente, en canto ao calendario de primarias que este fin de semana aprobou o seu partido en Madrid para elixir aos candidatos das cidades, das comunidades autónomas e das próximas eleccións xerais, explicou que se escenificou un proceso absolutamente lóxico e racional”.

“Primeiro hai un proceso de eleccións europeas; despois un proceso que se sitúa en maio de 2015, coas municipais e as comunidades autónomas que teñan que celebrar eleccións; e o seguinte calendario electoral, que será para as xerais”, detallou.

En canto a Galicia, lembrou que “hai un ano” que houbo eleccións nesta autonomía, de modo que as súas primarias para elixir ao candidato á Xunta será “máis longo”. De momento, apuntou, esa cuestión “non está no calendario”.

20 de xaneiro de 2014 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.