O Partido Popular di que a “competencia” para investigar Angrois “non reside” en Galicia
A portavoz do PPdeG, Paula Prado, rexeitou de novo crear unha comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois no Parlamento galego e alegou que a “competencia” para facelo “non reside” na Cámara autonómica, senón no Congreso dos Deputados, onde “xa hai unha subcomisión” articulada.
Do mesmo xeito, apuntou que o sinistro do Alvia, que causou 79 vítimas mortais e decenas de feridos, está suxeito a “investigación xudicial”, á vez que incidiu en que, do mesmo xeito que o informe do maquinista xefe que alertou antes do sinistro do perigo na curva, “hai outros informes e outra documentación”.
“O maquinista que puxo en evidencia esa cuestión dixo que a formación que recibiron despois era suficiente”, salientou, para engadir que, á súa entender, “non toca” aos populares facer valoracións” sobre unha cuestión que está “baixo investigación xudicial”.
“E hai moitas informacións e documentos que, polo que se ve, non é que sexan contraditorios, pero si complementarios”, resolveu.











