O músico Cass McCombs presentará o seu último traballo, ‘Big wheel and others’, en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O músico Cass McCombs, referente do panorama folk rock norteamericano, presentará en Santiago este domingo os temas do seu último traballo, ‘Big wheel and others’.

O sétimo disco deste artista foi lanzado o pasado outubro por Domino Records. Nel conta historias evocadoras a través da introspección, cunha melancolía desgarradora asentada no misterio e o romance.

Trátase dun dobre álbum con 22 temas que contempla un amplo abanico de xéneros: cancións de estrada, rock, música popular, blues, country, R&B e baladas, entre outros.

Segundo a crítica, supón un novo paso na carreira de Cass McCombs, nacido en California en 1997, e un dos mellores traballos internacionais do ano.

O concerto, dentro do ciclo ‘Íntimo e acústico’, está programado para as 20,00 horas no Salón Teatro e as entradas teñen un prezo anticipado de 15 euros e de 18 no día do espectáculo –están á venda no despacho de billetes do Teatro Principal–.

16 de xaneiro de 2014 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.