O Museo do Mar da Guarda reabre as súas portas
O Museo do Mar reabre as súas portas novamente o sábado 1 de febreiro, tras permanecer pechado durante xaneiro.
Durante ese mes, o persoal estivo catalogando as pezas e someténdoas a tratamento, é dicir, a labores de conservación. Tendo como finalidade afondar no coñecemento das mesmas e na sistematización nunha base de datos, de cara a conseguir unha mellor conservación.
Recordamos que o museo só abre os fins de semana, días festivos e días de ponte. Cun horario de inverno de 11:00 a 14:00 de maña e de 16:00 a 19:00 pola tarde, e en verán (do 15 de xuño o 15 de setembro) de 11:00 a 14:00 de maña e de 18:00 a 21:00 pola tarde.











