O multisuos de Redondela acolle a Gala do Comercio Local
O elixido como condutor desta Gala nesta III edición é Cándido Pazó quen porá o toque de humor cun monologo con sinatura propia polo que a gala resultará unha atractiva opción de ocio para a noite do venres 24 de xaneiro, ás 20.30 h. A entrada é de balde ata completar aforo.
Na gala ademais de facer entrega dos case corenta premiados con cheque de 50, 100 e 200€ realizarase o esperado sorteo do gran cheque de 1.000€ que se poderá transformar en 1.500€ se o premiado está na sala.
As persoas que o desexen poderán representar a outras, familiares ou amigos acudindo a gala coa fotocopia do DNI dos seus familiares.











