O MIHL ofrece a exposición “Olería tradicional de España: medidas do viño”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, anunciou a apertura, mañá, dunha nova exposición no MIHL.

A mostra “Olerías de España: medidas do viño” vaise inaugurar nun acto no que está programada unha conferencia sobre “Alfarería insólita”, que correrá a cargo de Lucía Blesa e Domingo Sanz. Tamén haberá unha visita guiada á exposición, que estará dirixida polo comisario da mostra, Ricardo Fernández.

A Concelleira de Cultura convidou a todos os lucenses que estean interesados a asistir ós actos, que terán lugar a partir das 19.00 horas.

A exposición poderase visitar durante dous meses, ata o 15 de marzo.

14 de xaneiro de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.