O Mecalia retoma a liga en Valencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportes
A-
A+

O Mecalia emprende viaxe a Valencia o venres pola tarde, para xogar no pavillón do Cabañal, o sábado ás 1930 fronte ao H. Canyamelar Valencia.

Manu Etayo poderá contra con todo o persoal, que vén mantendo unha intensa preparación, ao fin de tentar recuperar canto antes o ritmo de competición tan bo que mantiña cando se interrompeu a liga.

Sabido é que non vai ser un partido fácil, pois a pesar de que a posición na táboa das valencianas (10º con 7 puntos) parece non ofrecer demasiado perigo, xa na pasada tempada lograron sorprendernos e sufrimos unha inesperada derrota.

De todos os xeitos, a incógnita  de como afectaría o parón ás xogadoras, é a mesma para ambos os equipos e esperemos que a clase e o oficio acabe impóndose.

9 de xaneiro de 2014 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.