O imserso ofrece programas de vacacións específicos para persoas con discapacidade
A Área de Traballo e Benestar do Concello informa sobre a oferta de programas vacacionais específicos para persoas con discapacidades físicas subvencionados polo Imeserso e a Fundación ONCE. A oferta comprende estancias en zonas do litoral de España, nas Illas e tamén en balnearios.
O prazo para a solicitude de reservas xa está aberto e as peticións deberán presentarse dous meses antes do inicio de cada quenda de viaxe. Todas as estancias destes programas estancia en hotel accesible (non adaptado) en habitación sobre compartida e réxime de pensión completa, seguro de viaxe, monitores de apoio para o grupo e durante toda a viaxe (dinamización de estancia, excursións, actividades, etc…) e transporte adaptado nas estancias na península. Nos viaxes ás illas esta incluído o billete de avión en liña regular e transporte adaptado dende o aeroporto ao hotel. Nas quendas de termalismo inclúense consulta médica e tratamento termal personalizado para os beneficiarios, e acceso ao Spa para todos os participantes. Nas viaxes ás illas haberá que realizar dúas excursións que deberán ser abonadas por adiantado á vez que o pago da viaxe.
Poderán optar a este programa de vacacións as persoas que acrediten un grao de discapacidade física ou orgánica igual ou superior ao 33%, tendo prioridade as que superen o 50%. Entre os requisitos a cumprir están ser maior de 16 anos (con autorización da nai, pai ou titor no caso de menores de idade). As persoas que utilicen cadeira de rodas ou precisen axuda para desenvolver as actividades básicas e cotiás deberán levar acompañante. Con carácter excepcional poden participar nestas viaxes os fillos dos beneficiarios que sexan menores de 16 anos, sempre que xustifiquen a imposibilidade de poder viaxar sen a súa compañía.
As solicitudes deberán dirixirse á Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE). Para obter os impresos ou requirir máis información, os interesados poden dirixirse directamente á COCEMFE a través do mail (vacaciones@cocemfe.es ou do teléfono 91 413 80 01 ou tamén acudindo ás dependencias municipais da Área de Persoas Maiores e Igualdade.











