publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O grupo socialista denuncia que un colexio da Peroxa volve estar sen calefacción

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PeroxaLocal Portada
A-
A+
E.P.

O PSOE da localidade ourensá da Peroxa denunciou este mércores que o CEIP Branco Torres volve carecer de gasóleo para a calefacción e que aínda agora non conta con auga potable.

Ante esta situación, a través dun comunicado, o portavoz socialista, Antonio González Fiuza, requiriu “unha solución urxente e definitiva” ao “grave problema económico do colexio” que “os responsables do servizo territorial de Educación queren ignorar”.

A “precaria situación” do centro, como dixo, constatouse ao comezo do curso, tendo en conta que “até finais de novembro non se forneceu o gasóleo necesario para acender a calefacción” e tivo que ser asumido ese custo polo concello.

“Agora a problemática repítese e novamente, tanto alumnado como persoal, padece enfermidades ocasionadas polas baixas temperaturas”, denunciou, e desvelou que tamén se suprimiu unha profesora de apoio a alumnos con necesidades especiais”.

16 de xaneiro de 2014 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.