O goberno vigués mantén no 2014 as actividades de ximnasia e natación para maiores, con 430 usuarios

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

Abel Caballero informou do acordo adoptado este venres na Xunta de Goberno Local para adicar 80.000 euros ao desenvolvemento do programa “Deporte para persoas maiores” durante o 2014, tanto en natación como en ximnasia, con 265 e 165 usuarios respectivamente en cada modalidade.

O alcalde explicou que o acordo adoptado tamén autoriza manter os prezos de 2013 para ambas actividades, dirixidas aos maiores de 65 anos. “Ximnasia para persoas maiores” costa 15 euros ao mes se o usuario ingresa máis de mil euros mensuais, 10 euros para persoas con ingresos entre 642 e 1000 euros ao mes, e de balde para aqueles con renda mensual inferior a 642 euros. Pola súa banda, informou Caballero, o prezo para a natación é de 12 euros por persoa e trimestre.

17 de xaneiro de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.