O goberno municipal de Nigrán solicitará á Xunta a desafectación da antiga escola infantil de Priegue

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O goberno municipal acordou na sesión plenaria celebrada onte solicitar á Xunta de Galicia a desafectación da antiga escola infantil de Priegue, co obxectivo de habilitar ditas instalacións para as asociacións veciñais e culturais da parroquia.

Esta iniciativa proposta polo goberno municipal “dotará aos centros culturais e asociacións veciñais de Priegue dun novo espazo onde desenvolver as súas actividades culturais e de lecer ao longo de todo o ano”, explicou o rexedor municipal, Alberto Valverde.

31 de xaneiro de 2014 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.