O goberno ferrolán reactiva o plan de mantemento de viarios e infraestruturas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Goberno Municipal de Ferrol vén de retomar o Plan de Mantemento de Viarios para o ano 2014. Así, a empresa adxudicataria desta prestación municipal comezou a semana pasada os traballos de mantemento coa reparación de beirarrúas na rúa San Salvador, situada no Ensanche A.

Durante esta semana, o servizo de mantemento e reparación de infraestruturas  está centrando as súas actuacións na zona centro da cidade. Máis polo miúdo, as intervencións se iniciaron no cruce da rúa Real con Carme e continúan na intersección entre a rúa Cataluña e a estrada de Castela.

Compre lembrar, que este Plan de Mantemento de Viarios para o presente exercicio conta cun importante reforzo do servizo coa posta en funcionamento dunha segunda cuadrilla de traballo, o que permitirá mellorar os tempos de resposta ante as incidencias que xurdan e que serán complementarias ás que se desenvolven dentro do Plan de Barrios. Así mesmo, o persoal da cuadrilla municipal tamén realizará intervencións, o que suporá un incremento notable de persoal para o mantemento das rúas e barrios ferroláns.

21 de xaneiro de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.