O galego Pepe Lis entrará a formar parte do equipo técnico de vela dos Xogos Olímpicos de Río 2016

Pepe Lis
Pepe Lis, natural de Bueu e adestrador da Federación Galega de Vela os últimos 4 anos pasou este xaneiro de 2014 a formar parte do Equipo Técnico da RFEV de cara aos XX.OO. de Río 2016.
Pepe estará á fronte do Equipo Nacional da clase 49er FX durante os próximos 3 anos co claro obxectivo de estar presente nos Xogos de Río 2016 e loitar por unha medalla. O Equipo Preolímpico ao completo concéntrase estes días en Madrid para a que foi a presentación oficial do combinado nacional 2014.
Entre as tripulacións que estarán a cargo de Pepe Lis atópase nosa medallista olímpica Támara Echegoyen formado tripualción coa cántabra Berta Betanzos, ademais dunha tripulación catalá e outra canaria.
Nosa máis sincero parabén a Pepe que afronta este novo reto na súa carreira como adestrador con moitísima ilusión e ganas. Doutra banda nos apenamos por perder a este gran regatista, adestrador e compañeiro dentro do persoal da Federación Galega de Vela e do Centro Galego de Vela.











