O fundador de Formato Verde explicará na sede de AJE como triunfar no estranxeiro cun bo produto

Marcos Rodríguez
A Asociación de Novos Empresarios, AJE-Galicia, organiza mañá, 16 de xaneiro, unha charla na que Marcos Rodríguez, fundador de Formato Verde, explicará como se pode triunfar nos mercados máis esixentes con esforzo e un bo produto. A súa empresa de colectores empezou sendo a idea de dous mozos de Ourense que se instalaron nunha incubadora de empresas. Durante ano e medio non gañaron nada para investir todo canto tiñan no proxecto. Hoxe, 260 dos seus colectores poboan Abu Dabi e teñen 30 traballadores entre as sedes de Ourense e O Porto.











