O Festival infantil “Cancións por regalos” estrea o ano 2014 no Gaiás con solidariedade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+

A Consellería de Cultura e Educación, a través de Fundación Cidade da Cultura, convida aos galegos a comezar o 2014 en familia gozando da mestura de música e solidariedade no festival para nenos “Cancións por regalos”, que por terceiro ano celebrarase o sábado 4 ás 17 horas no Museo Centro Gaiás.

O festival ofrecerá dous grandes espectáculos: a ópera infantil Bababum e o concerto de Candela y Los Supremos, a nena-indie que está a causar sensación en festivais como o Primavera Sound. Ademais, todos os participantes gozarán dunha merenda de balde, a base de mel, leite e maruxas de nata, grazas a colaboración de Mel de Galicia e do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

Para asistir a “Cancións por regalos” non fai falla mercar entrada: a entrada-simbólica serán os regalos que traían os asistentes, agasallos destinados aos nenos sen recursos, que poderán deste xeito gozar dunha boa noite de Reis. A Fundación Cidade da Cultura entregará os agasallos á ONG “Iniciativa Social Berce, encargada da súa distribución.

De músicos da rúa a estrelas dos escenarios

Conducida por Alberto Rolan, a ópera infantil Bababum segue a historia dun grupo de rapaces que pasan de tocar na rúa Príncipe de Vigo a ser captados por unha multinacional discográfica. O espectáculo combina teatro, audiovisual, deseño e música en directo a cargo dunha banda moi especial: Carlos Pereira “Carlangas”, guitarrista e cantante da banda de garaxe Novedades Carmiña. Xunto a el estará Álex Casanova, á fronte dun proxecto que nos transporta á música electrónica tropical e os ritmos bailables e Martiño Salgado, destacado músico de sesión á batería e ao ukelele.

Tras estrear o seu disco Animaladas, Candela e a pequena estrela indie que, xunto co seus pais (Los Supremos), está a revolucionar o mundo da música para nenos con cancións tan divertidas como El Desalojo del piojo ou Avutarda, ser amiga tuya farda, temas cos que ten pasado por festivais como o Primavera Sound ou por salas como o Matadero (Madrid).
 

2 de xaneiro de 2014 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.