publicidade hoxe

O festival de monólogos de Redondela “Lareta” chega a Chapela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

Despois do éxito acadado coa celebración do Lareta 2013, o festival de monólogos de Redondela chegará agora  a Chapela a partir do vindeiro sábado, 18 de xaneiro.

O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Concellaría de Cultura apostan, unha vez máis, pola dinamización lingüística a través dunha nova edición do festival de monólogos de Redondela, LARETA, que achegará catro novos espectáculos ao Auditorio do Piñeiral do Crego de Chapela durante dous sábados  de xaneiro e febreiro.

Ao obxectivo inicial da proposta, fomentar o uso oral da lingua galega e promover a creación artística daquelas persoas que apostan pola nosa lingua como ferramenta de traballo e  comunicación, súmase agora o interese por achegala a outros espazos como o Piñeiral do Crego, e facer que a poboación de Chapela e das parroquias máis próximas teñan tamén acceso ás diversas propostas culturais.

O programa desta edición inclúe un contador-actor que xa estivo na anterior edición, Quico Cadaval (aínda que cun monólogo diferente), e outros tres que non estiveron aínda en Redondela: Víctor Fábregas e Patricia Vázquez para público adulto, e Celso Sanmartín para público familiar.

A entrada normal é de 4 € e a reducida a 2 € (para persoas xubiladas, estudantes e público infantil).

O programa é o seguinte:

sábado 18 de xaneiro, ás 20.30 h
Víctor Fábregas: INMORTAL
Público adulto

sábado 25 de xaneiro, ás 20.30 h
Celso Sanmartín: CONTOS QUE NON FALTEN
Público familiar

sábado 1 de febreiro, ás 20.30 h
Quico Cadaval: UNHA NOITE CON QUICO
Público adulto

sábado 8 de febreiro, ás 20.30 h
Patricia Vázquez: PROBLEMAS CIRCULATORIOS
Público adulto

13 de xaneiro de 2014 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.