publicidade hoxe

O executivo de Frades convoca unha xuntanza informativa sobre as clases de música no CPI Pontecarreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades convoca para este venres 10 de xaneiro unha xuntanza informativa sobre as clases de música, que se impartirán a partires das próximas semanas no CPI de Pontecarreira e no multiusos de Frades. Os mestres da Banda Artística de Merza informarán e resolverán as dúbidas dos veciños e veciñas de Frades nun encontro que terá lugar ás 15:30 horas no CPI de Pontecarreira.

Os mestres explicaranlles aos asistentes que os alumnos clasificaranse de acordo ás súas idades: música e movemento (para menores de 6 anos e cun prezo de 12 euros mensuais) e teoría e linguaxe instrumental (para maiores de 6 anos e cun prezo de 15 euros mensuais). Segundo vaian evolucionando os alumnos maiores de 6 anos, comezarase tamén coas clases de práctica instrumental.

As clases terán lugar todos os venres, ás 16:00 horas, no CPI de Pontecarreira ou no multiusos de Frades. O Concello de Frades establecerá un desconto do 50% para o segundo irmán anotado na actividade. Máis información e inscricións no Concello de Frades ou no teléfono 981 69 55 67.

Estas clases de música son un exemplo máis da proveitosa colaboración entre os Concellos de Frades e de Mesía que, ademais de presentarse conxuntamente a distintas subvencións e axudas, nos próximos meses tamén permitirá a construción dun punto limpo en Céltigos (Frades), que será compartido por ambos municipios.

8 de xaneiro de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.