O espectáculo de danza “Constelaciones” encherá o Jofre do universo de Joán Miró

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A compañía Aracaladanza representará este sábado, día 25, no Teatro Jofre o espectáculo de danza familiar “Constelaciones” dentro da programación cultural do Concello de Ferrol. A función dará comezo ás 20:00 horas e as entradas para asistir ao espectáculo poderán ser adquiridas no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

A formación Aracaladanza foi a primeira compañía de danza española e tamén dedicada ao público infantil e familiar que logra obter tres premios MAX nunha mesma edición. “Constelaciones” está inspirado no universo de Joán Miró e traballa con algunhas das cores e formas que utilizaba o artista plástico a través do movemento sobre o escenario e fantasiando con historias que non teñen ningún sentido. Este espectáculo de danza para nenos e nenas a partir de catro anos levará a escena o sentimento onírico e apaixonado que guiou todo o traballo artístico creado pola imaxinación do artista.

22 de xaneiro de 2014 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.