O encontro do Santiago Futsal co FC Barcelona Alusport será Día do Club

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O próximo partido do Santiago Futsal no Multiusos Fontes do Sar e o primeiro do ano ante a súa afección, será o vindeiro venres día 10 de Xaneiro ante o FC Barcelona Alusport, e estableceuse como Día do Club, polo que todos os abonados deberán retirar a súa entrada para acudir ao partido, que será ás 21h.

Desde hoxe mesmo, todos os abonados poderán retirar a súa entrada para o partido por tan só 5€, excepto aqueles nenos e nenas con abono infantil, que non necesitarán retirar entrada e poderán entrar ao partido presentando unicamente o seu carné.

Os prezos das entradas xerais para o resto de afeccionados non abonados, serán de 15€ para adultos e 2€ para menores de 13 anos. A promoción para abonados continúa vixente aínda que varía o prezo, así, todos os abonados poderán retirar até 2 entradas con cada abono, por 10€ cada entrada, para animar aos seus amigos ou familiares a acudir ao partido (promoción válida en venda anticipada até o venres 10 ás 14h).

As entradas xa se poden retirar nas oficinas do club desde hoxe mesmo e até o venres 10 ás 14h e en despacho de billetes o mesmo día do partido desde 2 horas antes do comezo do mesmo.

Cabe lembrar, que tamén continúa aberta a campaña de abonados do Santiago Futsal para a segunda volta, con incribles prezos para gozar dos partidos que restan da tempada. Tamén poderás conseguir o teu abono do Santiago Futsal dándoche de alta no Cartón Dental Macía (máis info en www.santiagofutsal.com).

2 de xaneiro de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.