O dispositivo especial de Tráfico na noite de Fin de Ano en Ourense transcurriu con normalidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Tráfico e Policía Local fixo balance esta mañá do dispositivo especial de Fin de Ano, no que participaron 8 patrullas dirixidas principalmente a unha labor estratéxica de prevención. Coa práctica de 40 controis en locais recreativos nos que estaban previstas festas de fin de ano, e a ausencia de actos vandálicos e detencións, dende a Concellería faise un balance positivo do transcurso da noite e lémbrase que o dispositivo especial se repetirá na noite de Reis, o domingo día 5.

Este dispositivo estratéxico levou a cabo controis de locais e verificación de condicións da súa actividade no relativo a aforos, saídas de emerxencia, horarios, o cumprimento de requisitos de seguridade, sanitarios e técnicos e a verificación de licenzas de actividade. Este dispositivo realizou controis en máis de 40 locais da cidade que tiñan prevista a realización de festas de fin de ano.

O operativo, na súa labor de control, detectou a celebración de dúas festas, que non contaban cos permisos necesarios para a súa celebración, na rúa Coruña e na rúa Curros Enríquez. Nesta última se procedeu ao  desaloxo voluntario por parte do responsable do local, ao advertir a Policía, a presencia de menores no seu interior.

Así mesmo se formularon 4 actas de denuncia por incumplimento de horarios e 5 por anomalías de carácter técnico nas inspeccións realizadas (saídas de emerxencia mal sinalizadas ou mal iluminadas, entre outras).

O informe da Policía Local subliña a ausencia de intervencións policiais por actos vandálicos e a importancia dos controis preventivos nos bares e locais especiais para que as noites con maior afluencia de xente e maior actividade poidan transcurrir con normalidade.

No eido das intervencións en materia de tréfico e seguridade, rexitráronse 2 accidentes menores sen feridos, 2 positivos nos controis de alcolemia e 10 infraccións administrativas en materia de seguridade vial.

2 de xaneiro de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.