O departamento de cultura de Cangas premia ás mellores participacións nos Certames de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Concellería de Cultura de Cangas entregará o próximo luns 13, ás 19.00 h. na Casa da Xuventude, os correspondentes recoñecementos a tódolos gañadores nos certames propostos para o Nadal.

No Certame de Beléns, en modalidade escolar, os premios foron: 1º para o Colexio Sagrada Familia de Aldán e o 2º e 3º premio para o Colexio Casa de la Virgen.

Na modalidade de particulares a gañadora foi a nena de 9 anos Ainhoa Núñez Otero.

En canto aos adornos escolares do II Certame Nadal con Vida, os premiados foron na categoría infantil o grupo de 3 anos do CEIP Nazaret, que participaron coa súa obra Nadal de Estrelas (situada na Praza do Señal), na categoría de Primaria levaron o premio O Paseo das Estrelas do CEIP A Rúa e o Arbol de Nadal do Colexio Casa de la Virgen.

Faise unha mención en forma de ACCESIT aos nenos de 5 anos do CEIP Nazaret e a súa obra Regalito.

En canto aos escaparates navideños recibirán un diploma o Centro Optico Cangas, Peluquería Celeste, O Zapato Chispón e Tapería O Portujés.

Na modalidade de decoración de prazas a mención especial é para a Praza do Arco.

A Concellería aproveita tamén para transmitir o seu agradecemento:

– As asociacións ADICAM, Juan XXIII, Zona A, Cangas Vella, Lume de Caroso, o Mouchiño, Lembranzas,Tambores e Cornetas, Berobreo, O manancial, ANPA Fornobedo de Castrillón, Massimino Lanza, Ana Villegas  e a tódolos voluntarios e voluntarias que participaron nos talleres do Nadal con Vida.

– Ao grupo de danza oriental de Marga Outeiral,  e ás ANPAS do CEIP Nazaret, do CEIP A Rúa e do Colexio Casa de la Virgen, a Escola Superior de Arte Dramático de Vigo e a dirección do Colexio Compañía de María pola súa participación na Cabalgata de Reis.

 

10 de xaneiro de 2014 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.