O departamento de cultura de Cangas entrega os premios dos certames de Nadal

Entrega de premios
Esta tarde a Casa da Xuventude de Cangas acolleu a entrega de premios aos gañadores dos certames de Nadal organizados que outorga a Concellería de Cultura do Concello de Cangas. Ao acto asistiron o edil responsable desta área, José Luis Gestido e técnicos municipais.
No certame escolar de Belenes os premios repartíronse do seguinte modo. O primeiro premio foi para o Colexio Sagrada Familia de Aldán e o segundo e terceiro premio para o Colexio Casa de la Virgen.
Na modalidade de Belenes Particulares, a gañadora foi a Ainhoa Núñez Otero de nove anos.
En canto aos adornos escolares do “II Certame Nadal con Vida”, os vencedores foron: na categoría infantil o grupo de 3 anos do CEIP Nazaret, que participaron coa súa obra
“Nadal de Estrelas”, situada na Praza do Señal; na categoría de Primaria o premio foi para “O Paseo das Estrelas” do ceip A Rúa e o “Arbol de Nadal” do Colexio Casa de la Virgen. Outorgouse tamén un ACCESIT aos nenos e nenas de 5 anos do CEIP Nazaret pola súa obra “Regalito”.
No certame de escaparates navideños, os establecementos “Centro Óptico Cangas”, “Peluquería Celeste”, “O Zapato Chispón” e “Tapería o Portujés” foron galardoados cun diploma.
Na modalidade de decoración de prazas a mención especial foi para a Praza do Arco.
O Concelleiro de Cultura José Luis Gestido quixo felicitar a todos polos seus traballos e agradecerlles a súa colaboración nestes certames que contribuiron a crear un maior ambiente navideño en Cangas. Tamén quixo destacar que este foi o ano no que se rexistrou unha maior participación nestes concursos de nadal e agradeceu aos técnicos municipais encargados de levar a cabo esta iniciativa o traballo realizado.Así mesmo, tivo unhas palabras especiais de agradecemento para as asociacións ADICAM, Juan XXIII, Zona A, Cangas Vella, Lume de Caroso, o Mouchiño, Lembranzas, Tambores e Cornetas, Berobreo, O manancial, ANPA Fornobedo de Castrillón, Massimino Lanza, Ana Villegas e a tódolos voluntarios e voluntarias que participaron nos talleres do “Nadal con Vida” e para o grupo de danza oriental de Marga Outeiral, e ás ANPAS do CEIP Nazaret, do CEIP A Rúa e do Colexio Casa de la Virgen, a Escola Superior de Arte Dramático de Vigo e a dirección do Colexio Compañía de María pola súa participación na Cabalgata de Reis.











